Os Populares instan ao Concello a que execute as conexións da rede de saneamento na parroquia de Roxos, aproveitando as obras que está realizando a Xunta

Os Populares instan ao Concello a que execute as conexións da rede de saneamento na parroquia de Roxos, aproveitando as obras que está realizando a Xunta
Foto de arquivo
Os Populares instan ao Concello a que execute as conexións da rede de saneamento na parroquia de Roxos, aproveitando as obras que está realizando a Xunta

Remarcan que o Goberno local debe facilitar a dotación do servizo de saneamento de augas residuais ás edificacións que aínda carecen del e que se atopan situadas na marxe da senda peonil

O Partido Popular de Santiago solicítalle ao Goberno de Compostela Aberta que leve a cabo as conexións da rede de saneamento na parroquia santiaguesa de Roxos, aproveitando que a Xunta de Galicia está executando unha senda peonil na estrada AC-543 e que ten previsto ter rematadas o vindeiro mes de xaneiro, de aí a necesidade de que estas actuacións se fagan canto antes.

O grupo que dirixe Agustín Hernández remarca que o Goberno local debe facilitar a dotación do servizo de saneamento de augas residuais ás edificacións que aínda carecen del e que se atopan situadas na marxe da senda peonil, concretamente na zona da glorieta que dá acceso ao colexio Junior’s.


Dentro do Plan de Sendas de Galicia que está a desenvolver a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade atópase o traxecto entre Santiago de Compostela, Bertamiráns e Brión, de 6 quilómetros, que se estende principalmente pola beira da estrada AC-543 Santiago-Noia e da que xa se ten rematado unha primeira fase entre a rotonda de Vidán e a glorieta da Silvouta.

Como continuidade do tramo xa executado, no pasado mes de xullo iniciáronse as obras do seguinte tramo entre a glorieta da Silvouta e Roxos, de 2,4 km, que se atopan actualmente en execución coa previsión do seu remate en xaneiro de 2019.

Coincidindo coa execución destas obras, varias persoas con edificacións situadas á beira dese novo trazado peonil teñen mostrado o seu interese para que se aproveiten os traballos que está a realizar a Xunta, que xa contemplan a previsión de canalización das augas de drenaxe e a colocación de tubaxes destinadas a servizos de electricidade e telefonía, para instalar as conducións municipais para o saneamento de augas residuais, o que lles permitiría dispoñer deste servizo básico, combinando rapidez con eficacia e eficiencia.

Comentarios