Os establecementos hoteleiros de Santiago situáronse nunha ocupación do 55% na ponte de decembro

Os establecementos hoteleiros de Santiago situáronse nunha ocupación do 55% na ponte de decembro
Foto de arquivo
Os establecementos hoteleiros de Santiago situáronse nunha ocupación do 55% na ponte de decembro

Os datos provisionais confirman as previsións esperadas nunhas datas nas que tradicionalmente aumenta a demanda tanto no turismo urbano como no rural

Durante a pasada ponte de decembro, os establecementos hoteleiros de Santiago de Compostela acadaron unha ocupación de arredor do 55%. Así o sinala o balance provisional realizado polo Clúster de Turismo de Galicia nuns datos que amosan unha vez máis a importancia destas datas na nosa demanda turística.

Este primeiro balance basease en valoracións proporcionadas por representantes do sector, principalmente do ámbito hoteleiro, que ofrecen unha visión aproximada á espera dos datos definitivos. O resultado confirma as previsións esperadas nunha ponte que tradicionalmente funciona ben, malia que nesta ocasión unha das xornadas festivas coincidiu en fin de semana.

Dentro desta mesma provincia, a cidade da Coruña situouse nunha ocupación do 70%, mentres que na Costa da Morte chegou ata o 75%. Así mesmo, observouse un repunte no número de peregrinos que finalizaron o Camiño de Santiago respecto á semanas anteriores, co que a cifra a final de ano situarase por encima dos 326.000 camiñantes.

A desestacionalización da chegada de visitantes é precisamente un dos retos polos que traballa a Estratexia do Turismo de Galicia 2020, o documento impulsado pola Xunta froito da colaboración público-privada. Así, trátase de poñer en valor, dun xeito sustentable, unha oferta atractiva durante todo o ano a través de experiencias vencelladas a recursos propios como o termalismo, a natureza, o patrimonio, o enoturismo ou o turismo activo, entre outros.

Comentarios