Gonzalo Caballero responde a Pachi Vázquez: "non existen purgas"

Gonzalo Caballero responde a Pachi Vázquez: "non existen purgas"
Foto de arquivo
Gonzalo Caballero responde a Pachi Vázquez: "non existen purgas"

Recordou que nos procesos de primarias deciden os militantes, non a dirección

Despois de que o que fora secretario xeral da formación entre 2009 y 2013, Pachi Vázquez, afirmara que o "odio interno" está "destrozando" ao PSOE e asegurara que deixaba a organización para evitar purgas aos seus afíns, Gonzalo Caballero, líder do PSdeG, negou a existencia de "purgas" internas no Partido Socialista de Galicia e recordoulle a Pachi Vázquez que nos procesos de primarias deciden os militantes e non a dirección. Caballero descartou que o socialista é un partido de "máxima participación" no que "a selección non a fai a dirección a través de ningunha purga" senón que "as primarias as deciden os militantes do PSOE".

"Esa é a riqueza qeu ten un proceso de participación e cada un ten que entender o espacio que pode ter en distintos momentos da súa vida política" manifestou Caballero. Neste sentido, o actual jefe de filas dos socialsitas galegos recordou que milita no PSOE dende "fai vintepico anos" e que nese tempo foi "un militante de base" que soupo "entender e respectar ás direccións dende a discrepancia política" pero "sempre mantendo a súa militancia e o seu compromiso".

"Son secretario xeral do PSdeG e, cando deixe de selo, serguirei sendo militante do PSdeG mentres teña capacidade e razón. Eu vou morrer no PSdeG" deixou claro para subrayar que "hai qeu entender os distintos tempos para saberse acomodar a cales son as circunstancias de cada movemento".

Ademáis definiu ao PSOE como o "mellor espazo de esquerdas" que existe no conxunto do Estatal poñendo en valor que, na actualidad as decisións se tomen "coa participación da militancia a tra´ves dos procesos de primarias". Recorda tamén que Pedro Sanchez, actual presidente do Goberno e líder do PSOE, foi "o resultado dun proceso de primarias moi participativo" e a "mellor garantía para que o Partido Socialista reafirmase o seu espazo no ámbito do centro esquerda". "E veremos cando haxa xerais e municipais, como o Partido Socialista volverá a ser primera fuerza en España", asegurou Caballero.

"Non vou entrar en ningúnt ipo de escenario dialéctico que desvirtúe o único obxectivo do PSdeG, que é retirar a Feijóo da Xunta. Calquer outro tipo de estratexia é darlle alas á dereita" concluiu.



Comentarios
Lo más