O Congreso aprobou a transferencia da AP-9 a Galicia

O Congreso aprobou a transferencia da AP-9 a Galicia
Foto de arquivo
O Congreso aprobou a transferencia da AP-9 a Galicia

Todos os partidos políticos do Congreso, menos Ciudadanos que se abstivo, respaldaron a iniciativa prantexada unánimamente polo Parlamento de Galicia

Todos os partidos políticos do Congreso, menos Ciudadanos que se abstivo, respaldaron a inicativa prantexada unánimamente polo Parlamento de Galicia para que a titularidade da principal arteria de comunicación da comunidade deixe de estar en mans do Ministerio de Fomento e pase a estar en mans da Administración ecómica.

Todas as formacións consideraron xusto levar a cabo a transferencia, contando incluso coa sorpresa manifestada dende o PNV de que a competencia non fora concedida xa e houbera que ir ao Congreso para cumplir o Estatuto de Autonomía de Galicia. Aínda así, a postura máis sorprendente foi a de Cuidadanos que rechazou a petición do Parlamento galego, pero no momento da vozación optou pola abstención.

A representación parlamentaria, da que se quedou fora o BNG pese a ser o grupo que propuxo a inicativa, foi aberta polo popular Martín Fernández Prado que asegurou que non se trata de pedir a transferencia da autopista para reivindicar un sentimento identitario de Galicia, senón para unir mediante unha xestión máis racional da nosa infraestructura. Antón Sánchez, parlamentario de En Marea, cargou na súa intervención polo bloqueo que sufreu hasta agora a petición de traspaso no Congreso por parte do "Goberto antipopular de M. Rajoy que sempre tivo claro defender os negocios amigos". E máis tranquila foi a intervención do socialista Luis Manuel Álvarez Martínez que botou en cara ao PP e Ciudadanos o veto posto ao debato, levantado agora polo Goberno socialista.

Dende o hemiciclo pero fóra da tribuna, Ana Pontón, portavoz nacional do BNG, declarou "hoxe é un día grande para Galiza e non estaríamos aquí senón fose polo Bloque". Pontón esixiu que non se rebaixe a proposta inicial do Parlamento galego que onte resultou aprobada.

Comentarios