Hoxe obradoiro de música para toda a familia con A Casa do Rock en El Corte Inglés

Hoxe obradoiro de música para toda a familia con A Casa do Rock en El Corte Inglés
Hoxe obradoiro de música para toda a familia con A Casa do Rock en El Corte Inglés

Terá lugar hoxe e haberá catro pases a partir das 16:30 horas

Hoxe terá lugar un obradoiro de música para toda a familia organizado por A Casa do Rock e El Corte Inglés.

Traballarase coa música moderna, nun entorno lúdico, potenciando a escoita activa tendo en conta as calidades musicais como a intensidade, altura, timbre... Experimentando cos ritmos, movéndonos no espazo, xogando coa percusión corporal...

Haberá 4 pases cunha duración aproximada de media hora: ás 16:30 horas; ás 17:15 horas; ás 18 horas e ás 18:45 horas. Ás reserva de prazas poden formalizarse en A Casa do Rock ou no correo electrónico acasadorock@acasadorock.com.

Comentarios