O Concello de Ribeira apoia á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago no estudo da biopsia líquida

O Concello de Ribeira apoia á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago no estudo da biopsia líquida
O Concello de Ribeira apoia á Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago no estudo da biopsia líquida

A través deste acordo o concello doa 3.000 euros a Oncomet para a adquisición de material funxible necesario para o proxecto de investigación

O Concello de Riveira acaba de asinar un convenio coa Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) co fin de apoiar os seus estudos da biopsia líquida.

O alcalde Manuel Ruiz e a presidenta desta institución, Eloína Núñez, asinaron un acto no consistorio local no que tamén estiveron presentes o director do Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional (Oncomet), Rafael López; a responsable da Unidade de Biopsia Líquida do grupo, Laura Muinelo; e o xerente do Hospital da Barbanza, Salvador Mariño.

A través deste acordo o concello doa 3.000 euros a Oncomet para a adquisición de material funxible necesario para o proxecto de investigación que permitirá ter un panel de probas para detectar mutacións importantes.

O alcalde loou a gran labor que se está realizando dende esta institución na investigación contra o cancro e expresou o seu desexo de que este apoio municipal poida continuar durante moitos anos. A presidenta de FIDIS e xerente do CHUS, Eloína Núñez, agradeceu ao Concello este apoio e destacou o labor dos profesionais do instituto, un dos mellores de España con 300 investigadores traballando. O doutor Rafael López lembrou que o municipio riveirense foi un dos que máis se volcou coa campaña de micromecenazgo emprendida por Oncomet o ano pasado.

Comentarios