Dous ladróns amordazan e rouban a unha parella na súa casa de Bueu

Dous ladróns amordazan e rouban a unha parella na súa casa de Bueu
Dous ladróns amordazan e rouban a unha parella na súa casa de Bueu

As vítimas declararon que un dos asaltantes tiña acento extranxeiro e a outra persoa acento galego

Axentes da Garda Civil investigan o asalto a unha vivenda na parroquia de Beluso, no concello de Bueu. Os asaltantes, dúas persoas encapuchadas, entraron nun domicilio particular onte pola noite no que se atopaban unha parella e o seu fillo de oito días de vida.

Os ladróns amordazaron á parella para depois rexistrar todo o domicilio e levar todos os obxectos de valor que se atoparon así como o diñeiro que tiñan na casa. A muller recibiu un forte golpe por parte dun dos ladróns.

As vítimas declararon que un dos asaltantes tiña acento extranxeiro e a outra persoa acento galego.

A Garda Civil activou un dispositivo para buscar as dúas persoas xa que unha vez robaron no domicilio marcharon do lugar sen deixar moitas pistas. Nestes intres hai un operativo para identificar e deter aos agresores.

Comentarios
Lo más