A Liga Reumatolóxica Galega premia o labor de investigación do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS

A Liga Reumatolóxica Galega premia o labor de investigación do  grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS
A Liga Reumatolóxica Galega premia o labor de investigación do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS

Nos seus premios bienais recoñecen o “esforzo en facer posible que as nosas patoloxías teñan opcións que ata agora non tiñan”

O grupo de Patoloxía Musculoesquelética do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, dirixido por Rodolfo Gómez Bahamonde, acaba de ser premiado pola asociación de doentes Liga Reumatolóxica Galega nos seus premios bienais.

Cada dous anos a LRG outorga o seus premios baixo o nome Liga con nós a entidades e organizacións que traballan para mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas. Este ano a liga quixo premiar ao equipo de investigación de enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago “polos seus traballos na liña de investigación para mellorar os nosos tratamentos farmacolóxicos, polo compromiso co paciente, pola transferencia, pola implicación co noso colectivo”, sinala a asociación. 

A súa presidenta Ana Vázquez, subliña que “é mester que se premie a un grupo, que con escasos recursos se deixa a pel, o tempo e o esforzo en facer posible que as nosas patoloxías teñan opcións que ata agora non tiñan, e en mellorar as nosas patoloxías e previr a discapacidade e a incapacidade”.

O grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS, dirixido por Rodolfo Gómez Bahamonde é uno grupo acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III ( ISCIII). A súa finaiciación provén de entidades públicas e privadas, principalmente o propio ISCIII así como Mutua Madrileña ou a Sociedade Española de Reumatoloxía. O grupo esta formado por investigadores de diferentes disciplinas (medicina, farmacia, bioloxía, fisioterapia, física fotónica) o que o converte nun grupo esencialmente multidisciplinar.

Cómpre destacar que no seo do grupo se atopan representadas por primeira vez todas as disciplinas médicas vinculadas ás patoloxías musculoesqueléticas con especialistas médicos en reumatoloxía, traumatoloxía, rehabilitación e cirurxía maxilofacial. Isto facilita e enriquece a investigación do grupo nas diversas patoloxías reumáticas xa que permite abordar as diferentes patoloxías desde múltiples enfoques clínicos.

O obxectivo das liñas de investigación do Grupo de Patoloxía Musculoesquelética son as enfermidades que afectan ao aparato locomotor de maneira máis prevalente; facendo especial fincapé nas súas alteracións óseas. Entre estas patoloxías hai que destacar a artrose, a artrite reumatoide, a osteoporose, a osificación heterotópica, a espondilite anquilosante, a gota, etc.

O Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (idis) é un centro de investigación traslacional, de innovación e transferencia de coñecemento que favorece as sinerxias entre a Área Sanitaria de Santiago de Compostela e a Universidade, ás que están vinculados 80 grupos e máis de 1.000 investigadores. Naceu en 2008 para poñer en valor o coñecemento aplicado e converteu a Galicia en referente internacional no campo da biomedicina. Foi o primeiro centro galego acreditado polo Instituto de Saúde Carlos III en 2010 e a súa captación de fondos para a investigación creceu un 255% desde entón. Lidera proxectos de investigación europeos desde o ámbito das neurociencias e a pediatría.investigación europeos desde o ámbito das neurociencias e a pediatría.

Comentarios