Entrega de Premios da XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego

Entrega de Premios da XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego
Entrega de Premios da XXIV edición do Premio Antonio Fraguas de Investigación sobre o Traxe Galego

Premio organizado polo Concello de Santiago e a Asociación do Traxe Galego co patrocinio de El Corte Inglés

O pasado martes, día 11, tivo lugar no Salón Nobre do Pazo de Raxoi a entrega dos premios da XXIV edición do Premio de investigación do Traxe Galego Antonio Fraguas.

Francisco Collantes e José Luis Rodríguez Álvarez gañaron o premio ao traballo descritivo polo seu estudo Cen pezas do traxe do Val do Ulla, que recolle un centenar de pezas antigas a ambas marxes do río Ulla, nos concellos de Vedra e A Estrada, dotado con 600€. Este traballo resume e conclúe dez anos de investigación, datación e catalogación de pezas antigas atopadas na comarca e que servirá de referencia para os amantes do atavío tradicional.

Por outra banda, David Quiñones acadou o premio ao traballo analítico polo seu estudo Galicia, a terra dos mil panos, que revisa os diferentes tipos de panos utilizados na nosa indumentaria tradicional, desde os do pescozo de meiriño ou seda, panos da cabeza, de namorar, etc. Este traballo describe con detalle cada un dos panos e mantos, os tecidos, as costumes e o contexto histórico no que foron usados.


A entrega de premios estivo presidida polo alcalde de Santiago de Compostela Martiño Noriega é Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego. Contou coa asistencia dos Concelleiros do Concello de Santiago e Goretti Sanmartín en representación da Deputación de A Coruña. En representación de El Corte Inglés estivo Eva Calvo, responsable de Comunicación e Relacións Institucionais de Santiago.

Comentarios
Lo más