Pena de cárcere para dúas persoas que instalaron cámaras ocultas para gravar sexo

Pena de cárcere para dúas persoas que instalaron cámaras ocultas para gravar sexo
Foto de arquivo
Pena de cárcere para dúas persoas que instalaron cámaras ocultas para gravar sexo

Alugában habitacións, onde tiñan escondidas as cámaras, a unha prostituta

Onte celebrouse o xuicio en Lugo onde se xulgaba a dúas personas, con iniciais S.G.T. y M.S.T., por instalar equiopos de gravación ocultos en guirnaldas de flores nas habitacións dun piso de Ribadeo que subarrendaban para exercer a prostitución. Os clientes que pagaron polo servizo dunha prostituta no casco urbán deste municipio foron gravados polas cámaras web que tiñan instaladas ocultas mentres practicaban sexo.

Nun principio pedíanse pena de dous anos e seis meses de cárcere e unha multa de 4.500 euros a estas persoas por un delito de descubrimento e revelación de secretos. Tras chegar a un acordo rebaixouse a petición de cárcere a un ano e a multa a catro euros diarios durante 12 meses (1.460 euros). Cada persoa indemnizará á prostituta que lles alugaba o piso con 300 por daños morais. Segundo o fiscal, as camáras foron colocadas na habitación para a emisión en tempo real.

Comentarios