O centro internacional de acollida ao peregrino abre ao público o seu belén navideño

O centro internacional de acollida ao peregrino abre ao público o seu belén navideño
O centro internacional de acollida ao peregrino abre ao público o seu belén navideño

O nacemento, de 30 metros cadrados, representa diferentes escenas e varias das pezas están talladas a man

Nava Castro, directora de Turismo de Galicia,  asistiu onte á bendición e inauguración do Belén da Capela do Centro Internacional de Acollida ao Peregrino a cargo do deán, Segundo Pérez. Situado na rúa Carretas, este tradicional nacemento de estilo exipcio converterase durante todo este Nadal nun atractivo engadido para galegos, turistas e sobre todo peregrinos se acheguen a Galicia nestas datas.

O nacemento, de 30 metros cadrados, representa diferentes escenas e varias das pezas están talladas a man. Pode visitarse de 10:00 a 19:00 horas e vén a completar o itinerario de beléns na cidade de Santiago de Compostela, que inclúe entre outros o recentemente inaugurado na nave central da Catedral de Santiago de Compostela, ambos coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Axencia Turismo de Galicia.

Comentarios
Lo más