O BNG de Ribeira critica a falta de previsión de Ruiz coa renovación dos contedores de lixo

O BNG de Ribeira critica a falta de previsión de Ruiz coa renovación dos contedores de lixo
Foto de arquivo
O BNG de Ribeira critica a falta de previsión de Ruiz coa renovación dos contedores de lixo

Para os nacionalistas o modelo de xestión de residuos que promove o PP non é o axeitado xa que se debería traballar na reciclaxe e na compostaxe dos restos orgánicos


O BNG mostra o seu malestar ante a falta de previsión e a nefasta xestión do lixo que está facendo o equipo do Partido Popular en Ribeira. Para os nacionalistas o modelo de xestión de residuos que promove o PP non é o axeitado xa que se debería traballar na reciclaxe e na compostaxe dos restos orgánicos.

Por outra banda o voceiro da formación, Xosé Vázquez Cobas, criticou a falta de previsión e culpa ao equipo de Ruiz Rivas de provocar unha parálise no concello.“Non ten sentido poñer contedores obstaculizando beirarrúas e impedindo o paso de persoas, cae de caixón”. Este feito é mostra de que o PP non planifica as accións que desenvolve e goberna a golpe de improvisación, argumentan os nacionalistas.

Con respecto ao modelo de tratamento dos residuos, Vázquez Cobas afirmou que o modelo do Bloque non é o do PP que manda todo a Sogama para queimar, o modelo do Boque baséase nas tres R+C; redución, reutilización, reciclaxe e compostaxe.

Cobas asegura que o Bloque traballará para que Ribeira mellore o tratamento do lixo cun modelo como o que propoñen no que se fomenta a compostaxe de restos orgánicos e que leva parellado un abaratamento do custe, pois redúcese a factura que se lle paga a Sogama para que queime todo o lixo. Por último o modelo que propón o BNG está avalado polas directrices da Unión Europea que establecer que o 50% dos resiudos orgánicos en 2020 teñen que ser compostados, algo que o Concello de Ribeira non está facendo e que o BNG está disposto a reverter.

Comentarios