A "Cidade do Nadal do Gaiás" abre as súas portas con actividades para descubrir como se viven estas festas ao redor do mundo

A "Cidade do Nadal do Gaiás" abre as súas portas con actividades para descubrir como se viven estas festas ao redor do mundo
Foto de arquivo
A "Cidade do Nadal do Gaiás" abre as súas portas con actividades para descubrir como se viven estas festas ao redor do mundo

O prendido da grande árbore da Cidade do Nadal, deu comezo a unha completa programación de actividades para gozar en familia ata o 6 de xaneiro

A Cidade da Cultura comeza a súa celebración do Nadal esta fin de semana cun programa cargado de actividades para que a cativada da casa descubra as tradicións coas que se conmemoran estas festas noutras partes do mundo. O Museo Centro Gaiás abriu as súas portas onte transformado nunha Cidade do Nadal engalanada coa luz e as cores propias desta época do ano. Un espazo pensado para gozar en familia, participar en obradoiros creativos e decorar xuntos a grande árbore de madeira que preside a Cidade do Nadal do Gaiás.

Como novidade este ano, a Cidade da Cultura estrea tamén unha iluminación exterior que percorre os diferentes edificios do complexo. Un camiño de luz inspirado no ceo estrelado e nas constelacións da Vía Láctea, que guiará os visitantes desde a Biblioteca e o Centro de Emprendemento ata o Museo. O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, foi o encargado de prender as luces, tanto da árbore da Cidade do Nadal como do exterior, e dar comezo á programación do Gaiás para estas festas.

As familias que se acheguen á Cidade da Cultura ata o 6 de xaneiro poderán mergullarse nun escenario que recrea, con rúas prazas e casas, unha vila inspirada nos nadais de diferentes época e lugares. No interior do museo, os nenos e nenas participarán en obradoiros cos que axudarán a engalanar aínda máis a Cidade do Nadal e coñecerán a orixe dos costumes cos que se celebran estas festas noutros países. Obradoiros creativos

Os máis pequenos aprenderán a decorar doces e elaborarán afeites con papel, cartón e froitas propias do outono e do inverno para vestir os seus fogares e tamén a árbore do Gaiás. Estes obradoiros están pensados para alimentar a creatividade dos nenos e nenas e promover o emprego de decoracións artesanais elaboradas con materiais accesibles.

Haberá, ademais, talleres impartidos polo artista vigués Federico Fernández, que propón unha viaxe ilustrada polo Nadal ao redor do mundo. O debuxo irá medrando coa colaboración dos nenos e nenas que porán a cor á ilustración os días 15, 16 e 22 de decembro. Os obradoiros da Cidade do Nadal son de balde e toda a información sobre os horarios está dispoñible na web da Cidade da Cultura .

Comentarios
Lo más