Mestrelab Research e AMSlab recoñecen o talento dos estudantes do grao de Química da USC cos mellores expedientes académicos

Mestrelab Research e AMSlab recoñecen o talento dos estudantes do grao de Química da USC cos mellores expedientes académicos
Foto de arquivo
Mestrelab Research e AMSlab recoñecen o talento dos estudantes do grao de Química da USC cos mellores expedientes académicos

A convocatoria trata de fomentar a colaboración cos sectores socioeconómicos e complementar a formación do alumnado no eido da investigación e do desenvolvemento científico e tecnolóxico

Por segundo ano consecutivo, Mestrelab Research e AMSlab recoñecen o talento dos estudantes do grao de Química da USC cos mellores expedientes académicos. A convocatoria trata de fomentar a colaboración cos sectores socioeconómicos e complementar, deste xeito, a formación do alumnado no eido da investigación e do desenvolvemento científico e tecnolóxico.

Nesta ocasión as gañadoras nas dúas categorías, de finalización e de inicio de estudos, foron dúas alumnas, Noa Varela Domínguez e Lara Troncoso Afonso, respectivamente, que se levan un premio de 2.000 euros cada unha. Ademais, Ricardo Rodiño Balboa e Daniel Marcos Atanes fixéronse con accésits, dotados con 1.000 euros, na modalidade de finalización do grao e Ana Fernández Díaz e Lara Domínguez Chantres na de comezo.

A cerimonia de entrega dos galardóns tivo lugar este venres na propia facultade nun acto no que participaron a decana, Pilar Bermejo; o presidente de Mestrelab, Carlos Cobas, e o CEO de AMSlab, Manuel Lolo. O acto contou tamén coa conferencia de Alejandro Delgado Alonso, de Itafarmaco, titulada ¿Bata o corbata?.

Comentarios