Os traballadores de Alcoa botánronse á rúa de novo cortando as vías de acceso á Coruña

Os traballadores de Alcoa botánronse á rúa de novo cortando as vías de acceso á Coruña
Foto de arquivo EFE
Os traballadores de Alcoa botánronse á rúa de novo cortando as vías de acceso á Coruña

Compañeiros das plantas de San Cibrao y Avilés secundaron aos operarios de A Grela

O obxectivo principal da marcha de onte por parte dos empregados de Alcoa era, segundo o presidente do comité de traballadores Juan Carlos López Corbacho, «reclamar unha solución para o conflicto». «Ten que buscar alternativas e implicarse un pouquiño máis do que o está facendo. Sabemos que está facendo cousas, pero de momento o que hai enriba da mesa por parte do Goberno son solucións a corto e medio prazo que a nós non nos da unha solución inmediata, que é o que precisamos». A marcha parteu do edificio de Sindicatos ubicado en Alfonso Molina na Coruña, e os empregados ataviados con camisetas de cor laranxa recorreron durante dúas horas a ponte de A Pasaxe e a avenida Ernesto Che Guevara facendo un cambio de sentido na glorieta de A Pasaxe e facendo de volta ao edificio dos Sindicatos.  

Compañeiros e familiares das plantas de San Cibrao y Avilés, éstos ataviados con camisetas amarelas, secundaron aos operarios de A Grela na marcha que mantivo cortada a principal vía de entrada e saída da cidade. E non se rinden. O vindeiro 27 de decembro remata o prazo de negociacións, que podería ser ampliado ata o 15 de xaneiro. 

A hora e o recorrido elexidos para a protesta levantaron preocupacións entre os usuarios das vías de entrada de saída da cidade pero non se rexistraron grandes colapsos de tráfico na cidade herculina gracias aos avisos de Tráfico e dos servizos municipais para desviar aos conductores pola terceira ronda como principal acceso y saída da cidade. Ademáis a marcha deixou un carril libre polo que o tráfico avanzaba. As maiores retenciósn producíronse cando chegaron á Pasaxe onde cortaron todos os carrís. Á volta algúns traballadores saltaron a mediana e invadiron o carril contrario, incluso se sentaron no chan da estrada.

Ainda que o solicitaron por escrito fai semanas, o presidente do Goberno Pedro Sánchez non recibiu á plantilla. Tampouco houbo ningún avance tras dúas reunións entre sindicatos e dirección. A compañía mantén o ERE para 700 empregados das dúas prantas de A Coruña e Avilés, pero os traballadores sospeitan que a empresa pretende cerrar para trasladar a produción de aluminio a Arabia Saudí, país no que xa a empresa ten una planta en Maaden, a cal quere ampliar. Así llo confirmou a empresa aos sindicatos. Os traballadores lamentan: "É unha deslocalización en toda regra".

Pola súa parte, representantes de la multinacional siderúrgica negaron onte que Alcoa teña intención de trasladar a súa produción de aluminio. Sosteñen que esta acusación é falsa y que so trata de confundir aos traballadores. A compañía tamén explicou que nos  últimos dez anos cerraron ao redor de millón e medio de toneladas de capacidad e que o único que incorporaron foi a súa participación minoritaria na planta de Arabia Saudí.  Segundo afirma Alcoa, a situación das fábricas de Avilés e A Coruña non ten ningunha relación coa planta saudí.

Comentarios