Un incendio arrasa por completo unha vivenda en Meis

Un incendio arrasa por completo unha vivenda en Meis
Foto de arquivo
Un incendio arrasa por completo unha vivenda en Meis

O incendio saldouse sen feridos pero causou cuantiosos danos materiais

Durante máis de cinco horas estiveron os bombeiros traballaron na extinción dun incendio que se saldou sen feridos pero causou cuantiosos danos materiais. A vivenda quedou completamente calcinada, aínda que a intervención dos equipos de extinción evitou que o lume se propagase ás vivendas lindeiras e ao monte.

Todo comezou ás 03:20 horas desta madrugada coa chamada dun veciño ao 112 Galicia para avisar dun incendio no interior dunha vivenda situada no número 20 da parroquia de Paradela. A persoa insistía en que o lume collía forza e era necesaria a rápida intervención dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Salnés.

Os Bombeiros de Ribadumia xunto cos efectivos do parque de Vilagarcía, fixeron fronte ás lapas ata súa completa extinción. Unhas tarefas que se prolongaron durante máis de cinco horas co obxectivo de controlar e perimetrar o incendio e evitar deste modo que se propagase ao monte e a unhas construcións tipo bungalows instaladas no recinto da mesma propiedade. Por fortuna, ninguén resultou ferido.

Comentarios