Atopan a un veciño de Vilalba que levaba máis de dous meses morto na súa vivenda

Foto de arquivo
Atopan a un veciño de Vilalba que levaba máis de dous meses morto na súa vivenda

Os veciños do inmueble confirmaron que non viran a o home en semanas e que notaran un cheirume forte

Na mañá de onte a Garda Civil atopou a un veciño do Concello de Vilalba defunto no seu piso no que residía nunha céntrica rúa na capital chairega. Podería levar máis de meses falecido, segundo as primeiras estimacións. Os donos da vivienda pensaron que lle podería haber pasado algo porque non recibiran o pago do aluguer ni conseguían poñerse en contacto con él. Por este motivo, alertaron á Garda Civil que se acercou ao edificio o xoves á noite para falar cos veciños, confirmando que ninguén veu ao home en semanas.

Os veciños do inmueble tamén confirmaron que notaran un cheirume forte polo que onte á mañá procedeuse a entrar no piso. O home, de 52 anos e natural de A Rúa en Ourense, estaba deitado no chan nun pasillo do piso.

O cadáver foi trasladado ao Hospital Universitario de Lugo para practicarlle a autopsia pero todo indica a que o falecemento debeuse a causas naturais, ó non apreciarse ningún indicio de violencia nin atiparse indicios de delito na inspección da vivenda.

Comentarios