Programa de Nadal do Concello de Oroso: entre as súas actividades, atraccións para os máis pequenos e un obradoiro de artesanía

Programa de Nadal do Concello de Oroso: entre as súas actividades, atraccións para os máis pequenos e un obradoiro de artesanía
Programa de Nadal do Concello de Oroso: entre as súas actividades, atraccións para os máis pequenos e un obradoiro de artesanía


Haberá na praza Isaac Díaz Pardo un carrusel permanente e gratuíto para os nenos e nenas


O Concello de Oroso presentou o seu Programa do Nadal 2018/2019, que chega cargado de actividades para todos os gustos e idades. Será un mes cheo de maxia, con moitos actos centrados sobre todo nos máis pequenos, sen esquecer aos adultos.

Unha das grandes novidades será que, desde o día 20 de decembro e ata Reis, haberá na praza Isaac Díaz Pardo unha atracción permanente e gratuíta para os máis pequenos, en concreto un carrusel. “Tratase dunha iniciativa municipal para atopar diversión sen moverse de Oroso e que as familias teñan máis opcións no concello”, sostén o alcalde, Manuel Mirás.

Os días 22 e 23 de decembro celebrarase o mercado de artesanía de Nadal do Concello de Oroso. Ademais dos postos, haberá obradoiros para nenos e nenas. Tamén está en marcha o tradicional concurso de postais de nadal e o III Concurso de Escaparates de Nadal, en colaboración co sector comercial orosán

Pero hai moito máis, desde concertos a monicreques, estará de novo en Oroso o mago Xacobe, obradoiros de repostería e animación á lectura, exposicións, excursións de escapismo e multiaventura, e o Christmas Camp, para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

E por suposto, o prato forte da gran Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro. As Súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos e nenas de Oroso, por iso esperan unha asistencia masiva para pasear polas rúas de Sigüeiro.

Comentarios