As mozas de OT 2017-2018 e influencers únense a InteRed por unha causa solidaria este Nadal

As mozas de OT 2017-2018 e influencers únense a InteRed por  unha causa solidaria este Nadal
As mozas de OT 2017-2018 e influencers únense a InteRed por unha causa solidaria este Nadal

Trátase dunha campaña que conseguiu unir a concursantes das dúas edicións de OT ademais de diferentes influencers do mundo da música, o cine ou as redes sociais ca fin de empoderar á mocidade ante as desigualdades de xénero

Durante os meses de decembro e xaneiro, Mireya Bravo (OT 2017), Marina Jade (OT 2017), Marilia e África (Operación Triunfo 2018) uníronse a actores e actrices como Ángela Cremonte (Las Chicas del Cable, Amar es para Siempre), escritores e escritoras como Elvira Sastre ou Diego Bergasa, cantantes recoñecidas como Badgyal (a “raíña” do trap urbano), colectivos como WeLoverSize e influencers como José Rivera, Alberto Santana ou Carlos Rivera para xuntos colaborar na campaña de regalos solidarios da ONGD InteRed #EsNuestroMomento, na que participarán compartindo os produtos deseñados por Feminista Ilustrada, a través das redes sociais.

A campaña #EsNuestroMomento (#ÉoNosoMomento) lanza unha mensaxe á mocidade sobre o seu papel imprescindible nos cambios sociais. Tras o éxito das últimas campañas protagonizadas por influencers, InteRed decidiu trasladar as súas mensaxes a unha liña de produtos que poidan chegar aos públicos máis novos (suadoiros, camisetas, bolsas de tea e cuncas) e que poidan ser un bo agasallo, ademais de solidario, para este nadal. Frases como “no soy una princesa, soy una reina con tres dragones” (“non son unha princesa, son unha raíña con tres dragóns) ou “no me conformo con menos de una revolución” (“non me conformo con menos de unha revolución”) - que enlaza coa campaña de InteRed A revolución dos coidados- estarán presentes nas redes sociais as próximas semanas para que o empoderamento se expanda entre as persoas máis novas.

A liña de produtos solidarios foi deseñada por Feminista Ilustrada, unha coñecida influencer española que conta con máis de 400.000 seguidoras/es en redes. Nelas publica ilustracións con mensaxes feministas que están xerando unha forte repercusión entre o público máis novo. A liña de produtos lanzarase na plataforma online Crowdence, que doará a metade dos beneficios obtidos a través desta campaña a InteRed para financiar os seus proxectos educativos e de empoderamento das mulleres cos colectivos máis vulnerábeis en diferentes países.

Os beneficios obtidos a través desta campaña irán totalmente destinados aos diferentes proxectos da Fundación InteRed, a ONGD que leva 26 anos traballando en 11 países de América Latina, Asia e África e no Estado español, por unha educación transformadora e inclusiva e pola equidade de xénero, a xustiza social e a sustentabilidade ambiental.

Nos proxectos de InteRed abórdanse diferentes prevencións de violencias: violencia física e psicolóxica (España, Perú, México e Bolivia), violencia simbólica (Bolivia, México, Guatemala, Perú e República Dominicana), violencia económica (Guatemala); e con colectivos de mulleres vítimas e superviventes de violencia de xénero, defensoras comunitarias, nenas, nenos e adolescentes, funcionariado de organismos que conforman redes de atención e derivación. Todo iso, dende o empoderamento das mulleres, o fortalecemento de capacidades en institucións que forman parte das redes de atención e protección, a prevención a través do traballo con crianzas e adolescentes, o liderado de adolescentes e mocidade e a sensibilización e incidencia nas políticas públicas.

Comentarios
Lo más