Un turismo envorca na parroquia de Obre, en Noia
13:57 15/12/18
13:57 15/12/18
A causa do golpe, o condutor quedou atrapado
Ao redor das dez da mañá, un turismo envorcou na parroquia de Obre, en Noia. A causa do golpe, o condutor quedou atrapado e tamén necesitou da axuda dos bombeiros de Boiro e dos membros do servizo local de emerxencias da localidade para poder saír do coche e ser atendido polos servizos sanitarios de urxencia.