Dous accidentes de coche na provincia de Lugo esta mañá

Dous accidentes de coche na provincia de Lugo esta mañá
Foto de archivo
Dous accidentes de coche na provincia de Lugo esta mañá

Un coche saíuse da vía en Pantón e houbo un accidente en Monterroso

En Pantón un coche saiuse da vía na N-120 ao paso pola parroquia de Siós. O impacto provocou lesións de diversa consideración a unha muller, que foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia. Foi un dos ocupantes do turismo quen preto do mediodía contactou co 112 Galicia para pedir axuda.

Ademais, houbo un accidente na LU-212, ao paso por Monterroso, no que resultou ferida unha muller. Sucedeu ás 9:30 horas de hoxe e segundo explicaron os servizos de emerxencias a ferida estaba liberada e accesible.

Comentarios