O BNG felicia ao comercio do casco histórico polo Premio Nacional do Comercio conseguido

O BNG felicia ao comercio do casco histórico polo Premio Nacional do Comercio conseguido
O BNG felicia ao comercio do casco histórico polo Premio Nacional do Comercio conseguido

En xaneiro do 2019, nun acto que se celebrará en Madrid, Compostela Monumental recibirá de mans da Secretaria de Estado de Comercio o premio

A Vicepresidenta da Diputación da Coruña e Portavoz del BNG no Concello de Santiago, Goretti Sanmartín trasladou a José Manuel Bello Rey, Presidente de Compostela Monumental, "os nosos parabéns polo premio que recibiu a asociación de comerciantes Compostela Monumental das mans do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo". No escrito, recibido o xoves na sede da patronal do casco histórico, o grupo municipal del BNG "fai extensiva esta mensaxe a toda a Executiva de Compostela Monumental, as traballadoras e traballadores e a todas as persoas comerciantes que integran a asociación que desenvolven un intenso labor para defender duramente o comercio tradicional da cidade histórica". 

En xaneiro do 2019, nun acto que se celebrará en Madrid, Compostela Monumental recibirá de mans da Secretaria de Estado de Comercio, Xiana Margarida Méndez Bértolo e de José Luis Kaiser Moreiras, Director General de Política Comercial y Competitividad, o Premio Nacional de Comercio del Año 2018, como mellor Centro Comercial Aberto de España.

Comentarios
Lo más