A dirección de En Marea cambia a empresa que custodia o censo

A dirección de En Marea cambia a empresa que custodia o censo
Foto de arquivo. EFE
A dirección de En Marea cambia a empresa que custodia o censo

Tamén se implementará un sistema de confirmación de voto por SMS

No día de onte, a dirección de En Marea anunciou o cambio de empresa que custodiaba o censo polas irregularidades que se detectaron nas que se produciron filtracións das claves de acceso por parte de un técnico. Tamén se comunicou por parte da dirección que se implementará un sistema de confirmación de voto por SMS e que outra empresa se encargará dun servizo de autoridade externa de votación.

Actuar con ética e con transparencia, e non emprende unha fuxida cara adiante cando se producen ilegalidades é o que asegura o sector oficial, liderado por Villares. «A nosa vontade política é que se poida votar canto antes», afirmou onte Villares. Segundo explicaron dende a dirección de En Marea, unha vez adoptadas estas medidas, o que ten que decidir agora se dan as condicións para unha nova convocatoria é o comité de garantías, no que Villares ten maioría. A convocatoria deberá levala a cabo o comité electoral, que é onde teñen maioría o sector crítico.

Manuel Nogueira, membro da comisión de garantías de En Marea y alineado co sector crítico coa dirección, acusou á coordinadora de "roubar" as primarias, paralizadas dende fai 14 días e que, segúndo Nogueira, poderían haberse reanudado xa este fin de semana. Nogueira atendeu aos medios de comunicación ás portas do local de En Marea, xa que a coordinadora non lle permitiu realizar a rolda de prensa no interior do local do partido porque, segundo indica Europapress, non se trataba dun acto dun órgano da organización. Onte o sector crítico decidiu non participar na reunión do Consello das Mareas, o órgano da dirección, ao entender que se trata dunha "farsa" cuxo único obxectivo é aprazar a convocatoria electoral para manter vivo o conflicto a maior parte do tempo posible. Así o espuxo ás portas da sede do partido Daniel Calvete, xusto antes da reunión.

O que se chama sector crítico con Luis Villares está formado por unha ampla parte de Podemos e Anova, ademáis de Esquerda Unida e os tres alcaldes das mareas capitaneados por Martiño Noriega. O pasado verán, o rexedor santiagués foi o impulsor da chamada mesa da confluencia, un instrumento para lograr que a dirección do partido reflexase a pluralidade do espazo. Os críticos xustificaron o seu plantón con que a coordinadora liderada por Luis Villares está usurpando as funcións do comité electoral, que non existen motivos para aplazar as eleccións e con que é necesario retirar unha denuncia na Fiscalía contra tres compañeiros que se sustenta en acusacións falsas.«Non nos importa demasiado o que poida decidir esta mañá un consello en funcións que non ten competencias»,  denunciou Daniel Calvete.

A xudicialización do conflicto urga nunha ferida que é casi imposible de curar. En ambos sectores hai o pensamento de que a partir de agora haberá unha fractura no partido. Esta grave crise supón un contratempo para os tres alcaldes de Ferrol, A Coruña e Santiago, pertencentes ao sector crítico, que ven, ás portas das eleccións municipais, como se evapora o chamado espazo de unidade popular. De ahí que Martiño Noriega marcase diferencias o venres entre a dinámica de Compostela Aberta, según el fiel ao que demanda a cidadanía, ao ocurrido a nivel galego, onde todo está bloqueado por loitas orgánicas de poder. O sector de Villares cuestiona que o alcalde santiagués mire cara outro lado cando foi o rexedor compostelano, según eles, quen empezou o pulso contra unha dirección democráticamente elexida, pero na que os seus non obstentan a maioría.

Comentarios