A Casa da Cultura de Aguiño recibirá o nome de do pintor Manuel Ayaso

A Casa da Cultura de Aguiño recibirá o nome de do pintor Manuel Ayaso
Foto de arquivo
A Casa da Cultura de Aguiño recibirá o nome de do pintor Manuel Ayaso

O acto institucional terá lugar o venres 21 ás 19:00 horas

A Casa de Cultura de Aguiño vai albergar o vindeiro venres 21 de decembro un acto institucional en virtude do cal o inmoble recibirá o nome de Manuel Ayaso.

Con este evento dáse cumprimento a un acordo adoptado este ano polo pleno da Corporación para que esta instalación de carácter municipal leve o nome dun dos veciños máis insignes da parroquia. Comezará ás 19:00 horas e incluirá a apertura dunha mostra permanente do autor formada por dez gravados en punta seca, ademais da actuación do grupo de música tradicional Andavía.

Comentarios