Liberado un home que quedou atrapado nun vehículo tras envorcar na A-6
13:39 16/12/18
13:39 16/12/18
O sinistro produciuse pasadas as 08:00 horas na localidade luguesa de Begonte
Un condutor quedou atrapado tras envorcar o vehículo que conducía pola A-6, ao paso pola localidade luguesa de Begonte. O sinistro produciuse pasadas as 08:00 horas, concretamente na parroquia de Illán. Alí acudiron os membros do GES de Guitiriz para liberar ao condutor que, como consecuencia do impacto, tiña dificultades para saír do vehículo.
Debido á posición na que quedou o coche, tiveron que sacalo por unha das portas traseiras. Cando foi liberado, o ferido foi atendido e posteriormente evacuado nunha ambulancia do 061-Urxencias Sanitarias ao Hospital da Virxe dos Ollos Grandes.