As obras da pasarela do CEIP das Fontiñas poderán comezar á volta do Nadal

As obras da pasarela do CEIP das Fontiñas poderán comezar á volta do Nadal
Percorrido da pasarela
As obras da pasarela do CEIP das Fontiñas poderán comezar á volta do Nadal

A Xunta de Goberno adxudicou o venres as obras da pasarela que conectará os dous edificios do CEIP das Fontiñas

A Xunta de Goberno adxudicoulle á empresa CYS Hispania o contrato de execución do itinerario peonil seguro para a conexión dos dous edificios que compoñen o CEIP das Fontiñas. O alcalde explicou que "as obras poderán arrancar a partir do sete de xaneiro, cun prazo de execución de tres meses", e mostrouse convencido de que "non haberá problemas para a convivencia cos traballos durante o curso escolar, como tampouco os está habendo coas obras que está a executar a Xunta no mesmo colexio". A pasarela, en rampla en forma de U, comunicará o centro de Infantil co de Primaria, onde ademais se atopa o comedor. A súa construción responde a unha demanda da comunidade educativa desde hai xa máis dunha década.


Comentarios