A restauración do Pórtico da Gloria en "Os Luns do Ateneo"

A restauración do Pórtico da Gloria en "Os Luns do Ateneo"
A restauración do Pórtico da Gloria en "Os Luns do Ateneo"

A conferencia terá lugar mañá ás 20:00 horas

Mañá o Ateneo de Santiago pechará as actividades dos Luns do Ateneo deste ano 2018 cunha conferencia do Director Científico do Programa Andrew W. Melon Santiago Catedral da Universidade de Harvard Francisco Prado-Vilar.

A partir das 20:00 horas na Rúa do Vilar, 19, de Santiago de Compostela, o encargado da restauración do Pórtico da Gloria tratará aspectos descoñecidos da obra, incluíndo nomes dos artistas da policromía, e explicará todo o proceso de reconstrución da fachada exterior, entre outras primicias, nunha conferencia única á que se poderá acceder de xeito libre e gratuíto ata completar o aforo dispoñible.

Francisco Prado-Vilar é Director de Proxectos Culturais e Artísticos do Real Colexio Complutense Harvard, tendo exercido postos investigadores e docentes nas universidades de Princeton, Londres, Complutense e, máis recentemente, en Stanford, onde este ano foi Burke Distinguished Visiting Professor. Foi membro do Comité do Selo de Patrimonio Europeo da Unión Europea e comisariou exposicións como El Pórtico de la Gloria: Restauración y Descubrimientos, que agora ten a súa sede permanente na Catedral de Santiago. As súas numerosas publicacións destacan polo seu alto impacto e a variedade temática, cronolóxica e metodolóxica, abarcando dende a arte antiga á arte contemporánea, e proximamente publicará o libro El Pórtico de la Gloria: Arquitectura, Materia y Visión, que é parte da súa investigación sobre este monumento.

Comentarios