O Centro Superior de Hostelería de Galicia convértese na escola máis premiada no concurso Hyatt Student Prize

O Centro Superior de Hostelería de Galicia convértese na escola máis premiada no concurso Hyatt Student Prize
O Centro Superior de Hostelería de Galicia convértese na escola máis premiada no concurso Hyatt Student Prize

Acada este recoñecemento grazas a que a alumna Alejandra Pais recibiu en París un premio especial na décimo primeira edición deste certame no que participan alumnos das escolas de xestión hoteleira máis prestixiosas do mundo

A alumna do Centro Superior de Hostelería de Galicia (CSHG), Alejandra Pais, vén de recibir en París un premio especial da décimo primeira edición do Hyatt Student Prize, o prestixioso certame no que participan alumnos das escolas de xestión hoteleira máis prestixiosas do mundo. Con este recoñecemento, o Centro Superior de Hostelería de Galicia convértese na escola máis premiada deste certame.

A alumna galardoada está a estudar cuarto curso do Diploma Superior de Xestión Hoteleira e foi seleccionada para representar ao CSHG neste encontro polo seu expediente académico e dotes profesionais. Promovido pola cadea Hyatt, o Hyatt Student Prize suma participantes cada ano entre as máis prestixiosas escolas de hotelelería de todo o mundo. Todas elas acceden á rolda de clasificación baixo convite da cadea e son un total de oito as que se clasifican para competir na final celebrada en París.

Durante dous días os participantes como a alumna do CSHG enfróntanse a diferentes probas e casos prácticos, entrevistas persoais e diferentes retos, dos que resultan un gañador e outórganse dous premios especiais. Este ano o xurado estivo integrado por altos directivos de empresas como Danone, Evian ou Air France.

Este recoñecemento supón un novo impulso para o CSHG, que se posiciona como a escola máis galardoada na historia do concurso, cun total de cinco premios recibidos. O Centro reforza tamén así o seu papel como referente internacional grazas a un modelo de formación de excelencia que forma profesionais altamente cualificados, adaptados aos tempos actuais.

A día de hoxe son preto de 300 os alumnos que están a cursar estudos no CSHG, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, que se atopa ás portas do seu 25 aniversario, que se conmemorará durante o ano 2019.

Comentarios
Lo más