A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON denuncia o desbordamento da balsa de Bama

A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON denuncia o desbordamento da balsa de Bama
A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON denuncia o desbordamento da balsa de Bama

Tras un ano de constantes denuncias e, logo de alomenos dúas multas, a balsa de Bama da antiga mina de Touro volve desbordarse e verte cara un afluente do río Ulla

APlataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON denuncia que a balsa mineira de Bama volve ser protagonista ó desbordarse novamente e verter cara o río Brandelos, afluente do Ulla, como ocorre cada vez que chove abundantemente. Reiteran que xa hai case un ano das denuncias por estes feitos, e despois de alomenos dúas multas de Augas de Galicia á concesionaria Explotaciones Gallegas, por valor de 30.000 e 20.000 €, polos mesmos feitos, a situación segue a repetirse do mesmo xeito. Afirman quepois nin a empresa nin a Administración tomaron ningún tipo de medida que evite ou minimice novas verteduras de lixiviados contaminantes desde a antiga mina de Touro. 

Sin embargo, afirman que o que sí se repiten, inexplicablemente para eles, son os premios a TEN SL, a empresa encargada da suposta rexeneración dos terreos da mina, en certames nos que participan como membros do xurado organismos da Xunta de Galicia.

Comentarios