CxG pide a mellora "urxente" da rúa do Tambre

CxG pide a mellora "urxente" da rúa do Tambre
CxG pide a mellora "urxente" da rúa do Tambre

Dende Compromiso advirten que a inminente apertura da variante de Aradas vai empeorar o tráfico do maltreito tramo da rúa do Tambre, entre o Polígono do Tambre e o barrio de Meixonfrío

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, esixe a urxente reforma da rúa do Tambre.

Dende Compromiso advirten que a inminente apertura da variante de Aradas vai empeorar o tráfico do maltreito tramo da rúa do Tambre, entre o Polígono do Tambre e o barrio de Meixonfrío, “pois o tráfico pesado e demáis vehículos, cuxo destino sexa a zona norte da cidade, accederán por esta vía, que carece de beirarrúas, arcéns e apenas sitio para dous vehículos”. 

Se a todo isto se lle engade que o estado do seu firme está moi deteriorado polo paso actual de vehículos, é de prever que se verá empeorado coa apertura do novo vial. Velaí que os galeguistas afirmen que “non se entende que un tramo que soporta tanto tráfico estea neste estado ás portas da apertura dun vial que lle vai aumentar o volume de tráfico”. 

Mesmo Bascuas engade que “a capacidade de xestión implica tamén a capacidade de previsión; e está visto que aquí fallan as dúas”.

Comentarios
Lo más