A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON presentarán novas alegacións sobre o proxecto de Cobre San Rafael

A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON presentarán novas alegacións sobre o proxecto de Cobre San Rafael
A Plataforma Veciñal Mina Touro – O Pino NON presentarán novas alegacións sobre o proxecto de Cobre San Rafael

Moitos documentos volven a reproducir literalmente o xa recollido no proxecto orixinario e outros repiten o aportado noutro apartado desta última actualización

A empresa promotora da reapertura e ampliación da mina de cobre a ceo aberto nos concellos de Touro e O Pino, Cobre San Rafael S.L, presentou recentemente unha actualización do proxecto achegando nova documentación en resposta ás alegacións ao proxecto presentado inicialmente en agosto de 2017. 

Nas alegacións iniciais, achegadas tanto nos informes sectoriais da Xunta como dende diversos colectivos e particulares, puxéranse de manifesto tanto as carencias de información e documentación como os impactos que, de saír adiante o proxecto, tería na saúde, no medio natural, nas augas, no patrimonio e no medio socioeconómico. 

Os documentos da actualización evidencian que o proxecto non sufriu ningún cambio significativo, reafírmase o proxecto orixinario en todo o substancial: mesmo espazo temporal, número de cortas, superficie afectada, método de extracción, cantidade de material a remover e mineral a extraer, tratamento das augas, desvío de cauces, balsas de estériles, sistema de impermeabilización, plan de restauración... 

Son, ademáis, informes con múltiples anexos adicionais, reiterativos, contendo ás veces información contraditoria entre sí, a pesares de que seguen sen aportar toda a documentación que lle foi requirida pola Administración.

Moitos documentos volven a reproducir literalmente o xa recollido no proxecto orixinario e outros repiten o aportado noutro apartado desta última actualización. Atópanse incluso documentos nos que, a instancia das alegacións feitas inicialmente, se actualizan ou completan datos, pero aqueles mesmos desfasados e incompletos aportados volven a aparecer agora noutro documento da nova actualización do proxecto , dando idea dunha absoluta descoordinación e falta de rigor na redacción do mesmo. 

Comentarios
Lo más