Falece unha muller tras caer o coche a un regueiro en Abegondo

Falece unha muller tras caer o coche a un regueiro en Abegondo
Foto de arquivo
Falece unha muller tras caer o coche a un regueiro en Abegondo

oa vítima viaxaba outra persoa que puido saír polos seus propios medios do interior do turismo

Unha muller faleceu ao caer a un regato despois de envorcar o vehículo no que viaxaba. Coa vítima viaxaba outra persoa que, afortunadamente, puido saír polos seus propios medios do interior do turismo. Sen embargo, os Bombeiros tiveron que intervir para liberar á falecida, ao quedar atrapada dentro do vehículo. A persoa que resultou ferida foi evacuada polo persoal sanitario e trasladada ao Hospital Clínico Universitario da Coruña.

O suceso tivo lugar ao redor das 08:15 horas desta mañá, grazas a unha persoa particular que chamou para pedir axuda. No seu relato indicaba que o coche caera nun regueiro cando circulaba á altura de Presedo, no concello coruñés de Abegondo. Aseguraba, ademais, que debido ao pouco caudal do regueiro, o turismo estaba totalmente accesible.

Comentarios