Arde un transformador de electricidade en Soutomaior e obriga a desaloxar un edificio

Arde un transformador de electricidade en Soutomaior e obriga a desaloxar un edificio
Arde un transformador de electricidade en Soutomaior e obriga a desaloxar un edificio

Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e só ardeu un transformador, o que provocou que o fume afectase a todo o edificio

O incendio dun transformador obrigou ao desaloxo dos veciños dun edificio na localidade pontevedresa de Soutomaior.

Unha fuga nunha tubaria de auga situada no soto do inmoble, parece ser a causa que orixinou o lume. Así, o indicaron os Bombeiros de Pontevedra desprazados ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e só ardeu un transformador, o que provocou que o fume afectase a todo o edificio.

Pasados uns minutos das 22:30 horas deste xoves, un dos moradores alertaba ao 112 Galicia do edificio cheo de fume. A partir de aí, os xestores do CIAE 112, de inmediato, puxeron os feitos en coñecemento do persoal de extinción de Pontevedra e do Morrazo. Do mesmo xeito, informouse da situación á Garda Civil e ao persoal da empresa subministradora de electricidade que abastece a zona.

Unha vez extinguido o lume e ventilado o inmoble, os veciños regresaron as súas vivendas. 

Comentarios