Agora o sector crítico de En Marea estuda a opción de retirar a candidatura de David Bruzos

Agora o sector crítico de En Marea estuda a opción de retirar a candidatura de David Bruzos
Foto de arquivo
Agora o sector crítico de En Marea estuda a opción de retirar a candidatura de David Bruzos

O debate ten lugar despois de que a comisión de garantías, afin a Villares, aprobara definitivamente o novo comité electoral, nas mismas mans, para que as primarias se celebraran este mesmo fin de semana

O sector crítico de En Marea, que contén parte de Anova, Esquerda Unida e Podemos está considerando retirar a candidatura de David Bruzos, lista alternativa que se presentaba contra a lista encabezada  por Luis Villares, sector que controla a direccion e a executiva de En Marea. O debate ten lugar despois de que a comisión de garantías, afin a Villares, aprobara definitivamente o novo comité electoral, nas mismas mans, para que as primarias se celebraran este mesmo fin de semana. Coincide xusto antes e Nadal e despois de que o partido decidira deter as eleccións de comezos de decembro por entradas irregulares ao censo.

Os críticos indican que tras o relevo das empresas da plataforma telemática e o censo, non  hai garantías  democráticas nin de seguridade. A todo isto hai que engadir que a nova empresa, Openkratio, nin sequera está contratada e informou ao sector de Villares que non lles da tempo, que non tería a ningúen para auditar as eleccións. E sen esto, non se poderían celebrar.

Tanto Esquerda Unida como Podemos están a favor de non ir a las elecciones, e retirar a candidatura de Bruzos. Máis dúbidas hai en Anova que se atopa entre a espada e a parede: secundar aos seus socios, que son os que aportan o capital de voto, ou tratar de convencelos de ir ás elección, cousa moito máis difícil polas circunstancias dadas. Martiño Noriega, asegurou nun desayuno informativo con medios, que a súa intención era ir votar esta fin de semana. Pero Podemos e EU entenden que o espazo está dividido xa qeu de novo púxose o asunto en mans de Fiscalía. Anova engade outro problema: ten unha parte que está en liña estratéxica con Villares para En Marea.

Martiño Ramos, un dos cesados de comité electoral por presuntas irregularidades de acceso ao censo, compareceu con outros cinco membros do sector crítico para lembrar que a aprobación da convocatoria fíxoa un comité ilexítimo, onde se revelara a xente que non tivo dereito a defensa nin acceso ás auditorías daquela. Recoñeceu que xa puido ver parcialmente os documentos. Ademáis narrou varias deficiencias de seguridade técnica que fan aconsellable non participar na convocatoria por razóns de garantía democrática: non hai ningunha entidade que verfique a plataforma de voto e o sistema carece de cifrado polo que non se garantiza a seguridade de voto. "Esta convocatoria non é legal, nin lexítima,e compre paralizala porque hai carencias de usabilidade e seguridade na nova plataforma de voto".

Esta guerra orgánica de En Marea está nun punto paradóxico: os dous bandos interacambiaron posicións. A corrente de Luis Villares anulou as eleccións ante presuntas irregularidades o que levou á paralización e posterior atraso do proceso mentres os seus contrincantes reclamaban a urxencia da convocatoria electoral. Agora é o sector crítico o que non quere levar a cabo a convocatoria. 

Comentarios