Os médicos de cabeceira de Vigo póñense un tope de pacientes e non prolongarán a súa xornada laboral

Os médicos de cabeceira de Vigo póñense un tope de pacientes e non prolongarán a súa xornada laboral
Os médicos de cabeceira de Vigo póñense un tope de pacientes e non prolongarán a súa xornada laboral

Estas medidas foron propostas polo colectivo de xefes de servizo dimisionarios dos centros de saúde de Vigo e a súa área, nunha asamblea de facultativos que se celebrou no Colexio de Médicos

Os médicos da área de Vigo decidiron non facer máis prolongacións da xornada laboral e limitar o número de pacientes que atenden. Esto significa, por unha parte, que por exemplo, un médico que consultou á mañá non se quedará á tarde para atender pacientes dous dun compañeiro que non está; e por outro, poñerán un tope de tres pacientes sen cita ao día que atenderán. 

Estas medidas foron propostas polo colectivo de xefes de servizo dimisionarios dos centros de saúde de Vigo e a súa área, nunha asamblea de facultativos que se celebrou no Colexio de Médicos. Ainda que a meirande parte votou a favor, pode que non todos e todas cumpran as medidas xa que, no caso das prolongacións, son voluntarias e retribuidas. Segundo o Sergas, as prolongación estan a ser un sistema para sustituir ausencias sen contratar a ninguén proque non hai médicos no paro.

Estas medidas xerarán unha lista de espera lóxica xa que nos centros de saúde non se atenderán a tantos pacientes coma antes. Polo que é probable que moitos pacientes acaben por ir aos puntos de atención continuada (PAC) ou a urxencias.


Esta problemática terá que xestionala a dirección da áread de Vigo que, con 25 xefes cesados que se encargaban, entre outras cousas, de organizar as prolongacións e intersustitucións, as súas labores quedan en mans da dirección. A dirección aínda non admitiu ningunha das dimisións pero os xefes transmiten que dende o 7 de xaneior xa non farán más labores organizativas. E mentres, manteñen as súas reivindicacións.

Comentarios
Lo más