A Banda Municipal de Música de Brión ofrece hoxe sábado o seu Concerto de Nadal

A Banda Municipal de Música de Brión ofrece hoxe sábado o seu Concerto de Nadal
Fonte: Google Maps
A Banda Municipal de Música de Brión ofrece hoxe sábado o seu Concerto de Nadal

Terá lugar no centro social polivalente de Brión ás 20:00 horas

O centro social polivalente de Brión acollerá hoxe sábado 22 de decembro, ás 20:00 horas, o tradicional Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Brión. 

Un recital froito do convenio de colaboración entre o Concello de Brión e a Banda Municipal de Música brionesa para a celebración de distintas actuacións no municipio ao longo de todo o ano e que nesta ocasión contará coa colaboración instrumental da Deputación da Coruña. A entrada é libre e de balde.


Comentarios
Lo más