A Policía Local de Rianxo volve cun novo vídeo da campaña de Nadal por un uso responsable do coche

A Policía Local de Rianxo volve cun novo vídeo da campaña de Nadal por un uso responsable do coche
A Policía Local de Rianxo volve cun novo vídeo da campaña de Nadal por un uso responsable do coche

A Policía Local de Rianxo volve a sorprender este Nadal, como xa o fixera o anterior, cun vídeo no que advirte do risco de beber alcol e conducir.  O ano pasado recurrira a un orixinal video no que se podía observar a catro vehículos: unha ambulancia, un coche de policía, un taxi ou un coche funerario.

A Policía Local de Rianxo volve a sorprender este Nadal, como xa o fixera o anterior, cun vídeo no que advirte do risco de beber alcol e conducir.  O ano pasado recurrira a un orixinal video no que se podía observar a catro vehículos: unha ambulancia, un coche de policía, un taxi ou un coche funerario. E dábanos a escoller quen queríamos que nos levara se mezclábamos alcol e condución.

Este ano fai mención o devantido vídeo do ano pasada, mencionando toda a repercusión social que tivo, pero sen volver a insistir con imaxes desagradables de accidentes, feridos ou choros. Este Nadal apelan á conciencia de cada un e deixa nas nosas mans a decisión de facer un uso responsable do coche.

"Recorda que ti, e soamente ti, decides quen te leva".


Comentarios