Oroso celebra o seu tradicional Mercado de Nadal

Oroso celebra o seu tradicional Mercado de Nadal
Oroso celebra o seu tradicional Mercado de Nadal

O mercado de artesanía de Nadal arrinca este fin de semana

Este fin de semana celebrase o mercado de artesanía de Nadal do Concello de Oroso. Ademais dos postos, haberá obradoiros para nenos e nenas e pasará por alí Papa Noel pola mañá e pola tarde. Tamén realizou unha visita o grupo de goberno municipal.

Ademais, desde o xoves está na praza Isaac Díaz Pardo unha atracción permanente e gratuíta para os máis pequenos, en concreto un carrusel. “Trátase dunha iniciativa municipal para atopar diversión sen moverse de Oroso e que as familias teñan máis opcións no concello”, sostén o alcalde, Manuel Mirás. Estará ata o Día de Reis.

Tamén está en marcha o tradicional concurso de postais de nadal e o III Concurso de Escaparates de Nadal, en colaboración co sector comercial orosán.

Pero haberá moito máis nos próximos días, desde concertos a monicreques, estará de novo en Oroso o mago Xacobe, obradoiros de repostería e animación á lectura, exposicións, excursións de escapismo e multiaventura, e o Christmas Camp, para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

E por suposto, o prato forte da gran Cabalgata de Reis do día 5 de xaneiro. As Súas Maxestades queren sentirse arroupadas polos nenos e nenas de Oroso, por iso esperan unha asistencia masiva para pasear polas rúas de Sigüeiro.

Comentarios