O Pleno de Brión aproba por unanimidade o POS+2019, que destina 280.000 euros a obras e case 263.000 euros a gasto corrente

O Pleno de Brión aproba por unanimidade o POS+2019, que destina 280.000 euros a obras e case 263.000 euros a gasto corrente
O Pleno de Brión aproba por unanimidade o POS+2019, que destina 280.000 euros a obras e case 263.000 euros a gasto corrente

O Concello ratifica o convenio de colaboración coa Deputación para a creación dun espazo de coworking especializado no sector

agrogandeiro en Brión

O pleno municipal do Concello de Brión aprobou esta mañá por unanimidade a proposta da Alcaldía sobre o Plan Único de Concellos POS+2019, que destinará 280.400,15 euros a obras e outros 262.705,35 euros a gasto corrente. O Concello de Brión non acudirá ao Préstamo Provincial 2019, estimado en 180.424,05 euros.

O POS+ 2019, aprobado sen debate entre os grupos, recolle un investimento de 134.226,63 euros da Achega Provincial 2018 a un proxecto de obras de mellora dos camiños e dos accesos á núcleos en Sabaxáns e Osebe, onde o Concello de Brión achegará 1.532 euros para complementar a aportación da Deputación.

Así mesmo, o Concello de Brión destinará 145.173,52 euros do Plan Complementario á mellora dos accesos ás aldeas de Mato e Busto de Frades, así como para a mellora de camiños en Ons e Vilar. Por último, a Achega Provincial 2019 destinarase integramente a financiamento de gastos correntes por un importe de 262.705,35 euros.

No resto da sesión ordinaria de decembro, na que non se presentaron nin mocións nin rogos/preguntas, o pleno ratificou por unanimidade o convenio de colaboración asinado o pasado 10 de decembro polo alcalde de Brión, José Luís García, e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, para a creación dun dos centros de coworking que integrarán a nova Rede Provincial de Centros de Traballo Colaborativo.

Este proxecto suporá un investimento de 213.266,86 euros, dos que o 74,4% (158.632,80 €) serán achegados directamente pola Deputación a través dos fondos da liña de apoio a emprendedores do Plan de Emprego Local (PEL-Emprende). Do orzamento total, 94.799,74 serán destinados ás obras para adaptar o espazo reservado na área comercial Monte Balado; mentres que outros 118.467,12 euros serán para dotalo de subministros.

“Transformando en Brión” será un espazo pioneiro en Galicia e a súa actividade principal será a transformación de alimentos do sector primario (hortalizas, conservas vexetais, zumes, cogomelos, cereais, marmeladas, carnes, embutidos, doces, produtos de panadería, etc.) de produtores locais dos municipios da comarca de Santiago.

Comentarios
Lo más