O Concello de Ribeira licita as obras de pavimentación e renovación na rúa Insuabela en Aguiño

O Concello de Ribeira licita as obras de pavimentación e renovación na rúa Insuabela en Aguiño
O Concello de Ribeira licita as obras de pavimentación e renovación na rúa Insuabela en Aguiño

O seu prezo de licitación son 174.648 euros e o prazo de execución, cinco meses

O Concello de Riveira informa da licitación dunha nova actuación destinada á pavimentación e renovación de servizos na rúa Insuabela en Aguiño. O seu prezo de licitación son 174.648 euros e o prazo de execución, cinco meses. 

A rúa obxecto desta actuación rexistra beirarrúas estreitas, con rampas de acceso ás vivendas colindantes que dificultan a circulación peonil polas mesmas. Adrmais, a tubaxe de abastecemento é de fibrocemento e non dispón de liña independente para a recollida de pluviais.

O proxecto que se vai realizar pretende renovar a liña de abastecemento, instalar unha rede de pluviais e redistribuír o espazo existente de tal xeito que se creen beirarrúas de maior anchura que permitan a circulación de peóns de forma segura.

No que atinxe ao servizo de abastecemento, instalarase unha tubaxe de polietileno de alta densidade de 420 metros de lonxitude e 17 acometidas domiciliaras. En canto ao pluviais, colocarase un colector soterrado de PVC corrugado de 420 metros, 32 arquetas sumidoiro, 11 pozos de rexistro e 17 acometidas.

Polo que respecta á pavimentación, as novas beirarrúas estarán feitas en formigón pulido no que se intercalarán franxas de adoquín de formigón cada dez metros.

As empresas interesadas en presentar ofertas dispoñen ata o vindeiro 7 de xaneiro.

Comentarios