Un total de 12 persoas resultaron feridas en dous accidentes provocados por un animal que interceptou na vía

Un total de 12 persoas resultaron feridas en dous accidentes provocados por un animal que interceptou na vía
Foto de arquivo
Un total de 12 persoas resultaron feridas en dous accidentes provocados por un animal que interceptou na vía

Un deles tivo lugar en Cabanas, na provincia da Coruña. O outro en Portas, provincia de Pontevedra

Un total de doce persoas tiveron que ser atendidas en dous accidentes provocados por xabarís que interceptaron na vía.

O primeiro ocorreu na localidade coruñesa de Cabanas pasadas as sete da tarde de onte, cando uns sete vehículos colidiron debido a un xabaril que cruzou a N-651, ao paso por Laraxe. Ao inicio, dous vehículos bateron contra o animal, mentres outros tres chocaron por alcance e, finalmente, outros dous que tamén colidiron por alcance. En total, sete coches e nove persoas que necesitaron asistencia médica aínda que ninguén presentaba lesións de gravidade.

Foi un particular quen alertou mediante unha chamada ao 112 Galicia, desde onde se pasou aviso aos profesionais sanitarios, así como aos axentes da Garda Civil de Tráfico, GES de Mugardos e Bombeiros do Eume.

Pero non foi o único accidente destas características porque unha hora máis tarde no municipio pontevedrés de Portas outros sete vehículos, seis coches e un camión, bateron en cadea debido, igualmente, a un xabaril que interceptou na vía. Neste caso, tres persoas resultaron feridas e foron evacuadas ao Hospital do Salnés.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro tivo lugar na AP-9 en sentido norte e alí acudiron os efectivos do 061-Urxencias Sanitarias e as forzas da orde para atender aos afectados.

Comentarios