Unha muller quedou atrapada nun vehículo ao meterse nunha gabia e tronzar un poste de electricidade en Salvaterra de Miño

Unha muller quedou atrapada nun vehículo ao meterse nunha gabia e tronzar un poste de electricidade en Salvaterra de Miño
Foto de arquivo
Unha muller quedou atrapada nun vehículo ao meterse nunha gabia e tronzar un poste de electricidade en Salvaterra de Miño

O suceso tivo lugar ás 18:30 horas de onte

Unha muller tivo que ser liberada polos bombeiros ao quedar atrapada nun vehículo que se meteuse nunha gabia e tronzou un poste de electricidade. Sucedeu ás 18:30 horas de onte na PO-402, ao paso por Salvaterra de Miño, a onde se dirixiu unha dotación do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento e GES de Ponteareas, así como a un equipo do parque do Baixo Miño, para rescatar á condutora atrapada no interior do coche.

Unha vez liberada, a persoa foi trasladada en ambulancia ao centro hospitalario de referencia. 

Comentarios