Luis Villares gaña as eleccións internas de En Marea

Luis Villares gaña as eleccións internas de En Marea
Luis Villares gaña as eleccións internas de En Marea

A candidatura Coidando a Casa gañou as eleccións co 59,24% dos votos mentres que a candidatura encabezada por David Bruzos, Entre Todas, obtivo o 40,76% 

O Comité Electoral de En Marea anunciou onte os resultados provisionais das eleccións ao Consello das Mareas e á Comisión Ética e de Garantías que se celebraron ao longo desta fin de semana.

A candidatura Coidando a Casa, encabezada por Luís Villares, gañou as eleccións co 59,24% dos votos (1.596), mentres que a candidatura encabezada por David Bruzos, Entre Todas, obtivo o 40,76% (1.098) dos sufraxios, nunhas eleccións na que a participación foi do 56% (2.694) das persoas inscritas que tiñan dereito a voto (4.800).

Daniel Conde e Manuel Fernández, do Comité Electoral, explicaron que o proceso desenvolveuse sen incidencias de consideración, e as que houbo foron resoltas polo soporte técnico practicamente en tempo real. Conde e Fernández tamén proclamaron os resultados á Comisión Ética e de Garantías.


A candidatura crítica liderada por Bruzos esixiu unha auditoría independente antes da proclamación definitiva dos resultados: "Denunciamos indicios claros de falta de imparcialidade. O reconto dos votos fíxose sen presenza dos interventores de Entre todas e as votacións non están auditadas e rexistráronse numerosas incidencias". Oito minutos despois de que se cerrase o tempo de votación xa se puido acceder aos resultados, unha fórmula criticada dende a lista de Entre todas

Unha vez resoltas estas posibles reclamacións, o Comité Electoral proclamará os datos definitivos o vindeiro mércores 26 de decembro, e o sábado 29 constituirase o Consello das Mareas. Dos casi 4.800 inscritos con dereito a voto, participaron ao redor do 58%, nun proceso electoral que se extendeu dende o sábado ata onte.

Comentarios
Lo más