Dous adultos e un menor, feridos tras bater o coche no que viaxaban contra un poste en Boiro

Dous adultos e un menor, feridos tras bater o coche no que viaxaban contra un poste en Boiro
Dous adultos e un menor, feridos tras bater o coche no que viaxaban contra un poste en Boiro

O sinistro ocorreu preto das oito da tarde de onte na Avenida de Barraña, xunto ao Campo de Fútbol Municipal

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a tres persoas, dous adultos e un menor, que resultaron feridos tras bater o coche no que viaxaban contra un poste en Boiro.

Según a información facilitada ao 112 Galicia, o sinistro ocorreu preto das oito da tarde de onte na Avenida de Barraña, xunto ao Campo de Fútbol Municipal. Alí acudiron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, para trasladar aos feridos ao centro hospitalario de referencia, e os bombeiros con base na localidade, debido a que había unha muller con problemas para saír do coche. Finalmente, descartaron a excarceración, pero igualmente, axudaron á ferida a abandonar o vehículo.

Comentarios
Lo más