Dúas persoas feridas despois dunha colisión entre dous turismos no Barco de Valdeorras

Dúas persoas feridas despois dunha colisión entre dous turismos no Barco de Valdeorras
Dúas persoas feridas despois dunha colisión entre dous turismos no Barco de Valdeorras

Tivo lugar pasadas as oito da tarde na Avenida de Galicia, á altura da Central de Fenosa

No Barco de Valdeorras, produciuse unha colisión entre dous turismos, que deixou dúas persoas feridas, unha delas de consideración. Foi un particular quen pasadas as oito da tarde de onte púxose en contacto co 112 Galicia para dar conta do accidente rexistrado na Avenida de Galicia, á altura da Central de Fenosa.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, informouse aos profesionais sanitarios, así como aos membros do GES da vila e aos axentes da Policía Local, que, unha vez no lugar do sinistro, comprobaron que había unha persoa con lesións importantes.   

Comentarios
Lo más