A Garda Civil disuade a un home de 35 anos que quería lanzarse ao vacío dende un viaduto en Caldas

A Garda Civil disuade a un home de 35 anos que quería lanzarse ao vacío dende un viaduto en Caldas
A Garda Civil disuade a un home de 35 anos que quería lanzarse ao vacío dende un viaduto en Caldas

Os feitos tiveron lugar esta madrugada nun dos viadutos da variante da estrada N-550

A Garda Civil de Vilagarcia disuadiu a un home que esta madrugada de Noiteboa pretendía lanzarse ao vacío dende un dos viadutos da variante da estrada N-550 en Caldas, a circunvalación do municipio.

O suceso tivo lugar esta madrugada ao redor das 03:50 horas cando os axentes acudiron ao lugar, alertados polo 112, e encontraronse co home agarrado ao pasamáns exterior da ponte duns 40 metros de altura. Durante unha hora trataron de convencelo para que depuxera a súa actitude, ata que ao final o varón, que ao parecer presenta problemas psiquiátricos, permitiu aos axentes que se acercaron. No intre atrapárono e inmovilizárono á espera dunha ambulancia que o trasladou ao Hospital Montecelo en Pontevedra.

Comentarios
Lo más