O Club de Patinaxe Sarela celebrou a súa Gala de Nadal
Ó rematar a gala degustouse un xantar a cargo de "Antollo pinchos e viños" no Pazo da Peregrina de Bertamiráns
O Club de Patinaxe Sarela do Concello de Ames celebrou o sábado 22 no pavillón municipal de Bertamiráns a súa Gala de Nadal como vén facendo ano tras ano, todos os deportistas do club cas súas coreografías amosaron os seus avances na patinaxe artística ante a atenta miranda de familiares e amizades.
Este 2018, ademáis a gala foi máis especial posto que tamén se celebrou o quinto aniversario do nacemento do club.
Por isto, ó rematar a gala degustouse un xantar a cargo de "Antollo pinchos e viños" no Pazo da Peregrina de Bertamiráns onde tamén se desfrutou da actuación do grupo de Thais Rudiño (Acústica) quenes foron os encargados de poñer o broche final a esta marabilla xornada.