II San Silvestre Ordes. Corre e anda

II San Silvestre Ordes. Corre e anda
II San Silvestre Ordes. Corre e anda

Terá lugar o 30 de decembro e poderán participar todas as persoas que o desexen. As inscricións xa se poden facer en www.carreirasgalegas.com

O Concello de Ordes convida a todos e a todas a participar na II San Silvestre. Corre e anda. Unha probaorganizada conxuntamente co Club Atletismo Ordes, coa que se quere despedir o ano dun xeito divertido á par que deportivo. Por iso anímase a acudir disfrazados ou portando elementos do Nadal. Poderá participar calquera persoa independentemente da súa idade ou condición física, de maneira non competitiva sen clasificación nin resultado ningún. A proba terá lugar o vindeiro 30 de decembro ás 12 horas en Ordes. Tanto a chegada como a saída situaranse na rúa Entre Parques, onde deberán colocarse todas e todos os participantes antes do disparo de saída. O percorrido terá unha distancia aproximada de 3,7 quilómetros e estará baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo.

O prazo para apuntarse xa está aberteo e rematará o 27 de decembro. Deberá facerse a través da páxina www.carreirasgalegas.com e será gratuíta. Cada un e unha dos inscritos doará alimentos non perecedoiros ou produtos de hixiene a Cáritas ou ben xoguetes novos non sexistas nin belicosos. Ao remate da carreira haberá chocolate quente e rosca para as persoas participantes.

Comentarios