Xoán Bascuas propón que se reforce o servizo de recollida de lixo para Aninovo e Reis

Xoán Bascuas propón que se reforce o servizo de recollida de lixo para Aninovo e Reis
Foto de arquivo
Xoán Bascuas propón que se reforce o servizo de recollida de lixo para Aninovo e Reis

Compromiso demanda unha maior dilixencia na limpeza da cidade

Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas próximas eleccións locais, pide a máxima dilixencia para limpeza e recollida de lixo en Aninovo e en Reis.

Dende Compromiso por Galicia recordan que “o servizo de recollida do lixo no resto do ano xa é deficiente de seu e con múltiples queixas por parte da cidadanía; e, como é de prever, nestas festividades o volume de refugallos depositados nas rúas é maior do de costume”. Velaí que a formación galeguista inste a revisar os protocolos existentes “que son a todas luces insuficientes, como xa se ten comprobado en festividades anteriores”.

“Non é de recibo que na capital de Galicia nos levantamos en cada festividade coas rúas cheas de lixo”

Comentarios