Villares: "Tendémoslle a man aos alcaldes do cambio"

Villares: "Tendémoslle a man aos alcaldes do cambio"
Foto de arquivo
Villares: "Tendémoslle a man aos alcaldes do cambio"

Pero Noriega simpatiza máis co proxecto municipalista de Gerardo Pisarello nas europeas

«Todas as sensibilidades van ter representación no próximo consello das mareas» afirmou Luis Villares cando se veu gañador e mantivo a man tendida aos críticos, en especial aos alcaldes: «Tendémoslle a man aos alcaldes do cambio». Pero os alcaldes non parecen moi interesados. David Bruzos xa deixou caer que é posible que o sector crítico abandone o "espazo". Pero se ainda quedaban dúbidas, o tuit de Martiño Noriega, alcalde de Santiago, deixou entrever que, polo menos el, non ten intención de seguir compartindo partido con Villares.

Nese tuit, o alcalde compostelano mostraba a súa simpatía pola estratexia de Ada Colau para as europeas, que situou a Gerardo Pisarello como candidato dentro de Unidos Podemos. O proxecto é claramente municipalista: «El futuro será municipalista o no será», dixo Pisarello, ao que Noriega respondeulle «azos na túa nova andaina» e recoñeceu que «o espazo que habite o germà Pisarello sempre será un espazo mellor (e alí estaremos nós representados de xeito digno)». Trátase dun adianto de Noriega, pero ainda esta por ver se os outros dous alcaldes do cambio e a dirección de Anova se únen ao proxecto que ten como obxectivo principal unha axenda municipalista e que os problemas que comparten hoxe as cidades teñan voz en Europa.

Pero Unidos Podemos xa ten avanzada a súa lista para as europeas, nas que o lugar que lle corresponde aos comunes ocuparao previsiblemente Gerardo Pisarello. Polo que é de supoñer que tamén haberá sitio para o seu socio, En Marea. Fai uns meses, cando se avanzou os primeiors postos desa candidatura, foi cando Luis Villares dixo que «En Marea non é un satélite de Podemos» expresando o seu malestar.

Yolanda Díaz e Antón Gómez-Reino, é dicir, o sector crítico ten contacto directo con Pablo Iglesias. Polo que a ruptura de En Marea materialízase e a nova dirección non quere saber nada do partido morado. Nin ó reves, Pablo Iglesias tampouco quere oir falar de Luis Villares. É posible que ese posto no partido europeo sea para os críticos.

Comentarios
Lo más